Servizos

En que estamos a traballar?

Empezamos a traballar xa en catro cuestión que nos parecen fundamentais

Comunicación conxunta

A nosa actividade empresarial necesita no día a día o máximo apoio das administracións públicas ante as que necesitamos unha canle de interlocución conxunto e forte, tanto para dar visibilidade aos nosos problemas cotiáns como para trasladar as nosas necesidades e propostas. 


Central de Compras

É un servizo totalmente gratuíto que ademais de reducir a dedicación do persoal propio da empresa á negociación dos servizos básicos, pon ao noso alcance importantes descontos directos.


Os socios de Abesai benefícianse xa de descontos en electricidade, prevención de riscos, protección de datos, seguros, material de limpeza...

Guía de empresas

Unha ferramenta conxunta que dea máis visibilidade ás nosas empresas, clasificadas por sector de actividade e que con información completa sobre a nosa localización, contacto... daranos a mellor publicidade.


En formato físico e dixital publicarase en breve e será a mellor ferramenta para que nos coñezan os nosos potenciais clientes.

Formación

Desde Abesai traballamos para dispoñer de formación práctica e adaptada ás necesidades reais das nosas empresas para ofrecer servizos de calidade e ser máis competitivas.

Xestión de residuos

Desde Abesai traballamos para que as empresas xestionen adecuadamente os residuos que xeran pola súa actividade cun xestor autorizado e cun custo reducido.

Share by: